xoves, 28 de xaneiro de 2016

Gif animado

Ola a todos!

Desta vez fixen unha tarefa moi parecida á anterior. Tratábase de que coa foto do lémur e a súa respectiva caricatura fixesemos un gif animado. O único que había que facer era cortar unha das imaxes e superpoñela na outra coma unha capa e exportalo como gif. Ainda así, seguín os pasos deste videotitorial que o explica de forma moi sinxela e doada de entender. Para realizar o gif utilicei o GIMP.

Gustoume moito facer esta tarefa e non me levou apenas tempo. A ver se facemos máis así!

Agardo que vos guste e disfrutádeo! Ata a próxima!


Caricatura

Ola de novo!

Nesta tarefa de informática tiven que facer unha caricatura da cara do animal.

Deixaréivos abaixo a foto orixinal, a modificada e a colaxe. A partir da imaxe do lémur apliqueille filtros no programa GIMP coma o de "crecer" nos ollos ou o de "mover" na lingua e obtiven a caricatura. Conseguino grazas a este videtitorial que explica moi ben os pasos a seguir.

A verdade é que foi unha das tarefas que máis me gustou e a máis sinxela, rápida e doada de facer. Entretinme moito facéndoa e divertiume o resultado.

Agardo que vos guste e disfrutádeo!




Licencia das imaxes:




martes, 19 de xaneiro de 2016

Fotomontaxe

Ola a todos!

Desta vez tiven que facer unha fotomontaxe, é dicir, recortar un anaco dunha imaxe e introducilo noutra que actúe como fondo.

Nesta tarefa tamén utilicei o GIMP e seguín os pasos deste titorial. Resumindo, o que había que facer era recortar ao home coas cabras e introducilo na foto do bosque para posteriormente facer un collage. O único problema que atopei é que á hora de recortar e pegalo na outra imaxe o home sae desproporcionado e hai que enpequenecelo, equilibralo e situalo onde queiras.

A verdade é que foi unha tarefa moi pesada e levoume  moito tempo. Espero que ao resto resultáralles máis amea e levadeira.

Agardo que vos guste e ata a próxima!





Licencia das imaxes:




Retoque do rostro

Ola de novo!

Hoxe vos presento esta tarefa baseada no retoque do rostro. A partir da imaxe inicial retócanse pequenos defectos faciais coma as engurras da vellez ou os dentes amarelentos. Tamén se pode cambiar a cor dos ollos.

O programa que utilicei para elo foi o GIMP e, seguindo os sinxelos pasos dun titorial e modificando o rostro da imaxe, obtense unha muller sen engurras, cuns dentes máis brancos e cos ollos doutra cor. As posibilidades de retoque son infinitas.

A verdade é que me levou o seu tempo facelo pero non quedei insatisfeito co resultado. No meu parecer o máis difícil foi o branqueamento da dentadura, que é o que máis tempo me levou. Foi interesante a súa elaboración.

Agardo que vos guste e ata a próxima !


Licencia da imaxe: