mércores, 16 de decembro de 2015

Código QR

Ola a todos!

Nesta tarefa de informática pedíronnos elaborar un código QR e para elo utilicei Unitag. Ten inserido unha imaxe de fondo e enlígache co meu blogue.

O programa que usei para lelo foi QR Droid Code Scanner. Enfocas o código e lévache á dirección que teña asociada. Dependendo do QR ou incluso do móbil que teñas, serache mellor un programa ou outro (Top 10: lectores gratuitos de códigos QR). Ao igual que con URLs, tamén se pode facer para que che enligue con imaxes, arquivos de son, etc. Para iso guieime por esta páxina web: Promociona tu blog mediante un QR, que defíneche moi ben o concepto de QR, os tipos e os seus usos. Tamén no mesmo Unitag explícanche os pasos a seguir para a súa creación.

Pese a ser unha tarefa moi sinxela e curta, a verdade é que entretinme facéndoa.

Deixaréivos tanto abaixo coma no lateral o código (xa sei que non ten sentido poñer un QR coa ligazón do meu blogue nel mesmo pero é o que pediron facer).

Un saúdo e ata a próxima !

QR Code

mércores, 25 de novembro de 2015

Informe sobre medidas co polímetro

Ola de novo!

Desta vez subimos Isabel Bravo Álvarez máis eu un traballo-informe sobre as prácticas co polímetro; feito primeiro nun documento de texto e despois subido a Calaméo.

Está baseado nas prácticas realizadas en clase. Os materiais utilizados foron o informe das medidas, as fotos sacadas ao polímetro, o Crocodile Clips e o Fritzing.

A verdade é que foi un traballo moi pesado pero eu creo que o resultado é satisfatorio. A peor parte e a máis difícil foron os cálculos teóricos pero, aínda así, era sinxelo. Espero que non nos manden moitos traballos coma este para facer e os que sigan sexan máis doados ou entretidos.

Agardo que vos guste e ata a próxima!

martes, 24 de novembro de 2015

Imaxe 3D

Ola outra vez!

Nesta entrada preséntovos una imaxe en 3D feita polo meu compañeiro máis eu e deseñada no programa Sketch Up, que é moi sinxelo e doado de utilizar.

Mediante a creación de cubos e prismas, coa medida que ti queiras, fas a figura desexada. A verdade é que é un programa moi útil para a xente que de maior queira ser arquitecto ou deseñador.

Deixareivos un debuxo a man alzada no que se ven a planta, o alzado e o perfil. Tamén deixarei abaixo a composición en tres dimensións acotada da figura en cuestión. É cousa duns minutiños. No meu parecer creo que é máis unha tarefa de tecnoloxía que de informática, mais limiteime a facela sen máis.

Ata a próxima!

IMAXE 3D


ALZADO


PLANTA


PERFIL
ALZADO



PLANTA


PERFIL









domingo, 15 de novembro de 2015

Podcast sobre a violencia de xénero

Ola de novo!

Nesta entrada subín o podcast que fixemos o meu compañeiro Eduardo Seijas Casais máis eu.

O noso podcast é como se fose unha pequena reflexión sobre a violencia de xénero. Gravámolo ca gravadora do móbil e depois subímolo a SoundCloud.

A verdade é que foi moi doado de facer e non se tarda nada. Só tes que empregar uns minutiños do teu tempo. Que saibades que esta tarefa tamén vai dirixida e dedicada ao 25-N.

Embaixo disto deixareivos o audio e o seu texto escrito, aínda que tamén está na descrición do propio podcast.

Agardo que vos guste e disfrutádeo!




Texto do podcast:
Que alguén te pegue, é violencia.
Que alguén te controle,
que alguén te someta,
que alguén abuse de ti,
que alguén te maltrate,
que alguén te menosprecie,
que alguén te domine,
que alguén te insulte,
que alguén te saque o teu tempo,
que non te respeten antes, durante e despois,
física, psíquica ou verbalmente. Iso é violencia.
Que a haxa ou non depende de ti.
Culleredo polo bo trato.

luns, 9 de novembro de 2015

Curta sobre a violencia de xénero

Ola!

Hoxe subín un vídeo que fixemos Laura Castro López, Antía Vales García, Eduardo Seijas Casais máis eu. É unha curta que trata sobre a vida das persoas que sofren violencia a diario. A verdade é que ao principio foi moi gracioso facer o vídeo pero ao final quedamos sorprendidos co resultado.

Gravámolo co móbil e despois o editamos co editor de Youtube, que é moi sinxelo e doado.

Como xa dixen, vai sobre a violencia de xénero. A simple vista smepre pensamos en home maltratando a muller pero nós fixemos algo distinto: recreamos a situación dun home maltratado por unha muller e, para ver as diferenzas, tamén incluímos a situación dunha relación baseada no respeto e na confianza (un trouciño porque non nos chegaba o tempo para máis). Aínda que hai escenas que dan a risa, espero que os axude a reflexionar xa que é un tema actual e moi serio. Abaixo deixaréivos o diálogo entre as personaxes.

Disfrutade do vídeo!

Stop violencia


Diálogo do vídeo:
  • 1ª PARTE
Maltratadora: Pero bueno. Pero isto que é? Parecerache normal estar aquí tirado.
Maltratado: Xa rematei de traballar.
Maltratadora: Non, perdoa, o teu traballo non remata na oficina, (senón) que comeza na casa e o sabes ben. (Entrando na cociña) Pero bueno. Isto que é? Toda a casa feita un cristo, nada sen lavar, todo tirado, non se che pode deixar só. Parecerache normal. Eu veño de traballar e ti aí sen facer nada. (Indo ao salón e mirando a tele) Pero que merda é isto? 
Maltratado: Xa rematei o traballo.
Maltratadora: Pero non ves que estou vendo a tele? Iso xa o veremos. (Indo á cociña) Bueno, si, está fregado se se pode chamar a iso fregar. E a comida? E o lavalouzas? Están feitos? Non serves para nada.
  • 2ª PARTE 
Esposo: Chao, cariño, vou indo para á festa.
Esposa: Chao, cariño.
Esposo: Chao (colle as chaves e marcha)
  • 3ª PARTE
Voz unísona: Culleredo polo bo trato.
Laura: Xa sexas...
Eduardo: ...home...
Antía: ...ou muller...
Eder: ...denúnciao.
Voz unísona: A túa situación depende de ti.

xoves, 22 de outubro de 2015

Tuit sobre a violencia de xénero

Ola de novo!

Hoxe subín unha mensaxe (feita por min) inserida nunha imaxe utilizando Pablo (un programa moi sinxelo e doado para inserir frases en imaxes) para conmemorar o 25-N (o día contra a violencia de xénero) e ás vítimas que foron maltratadas.

Pensei nesta metáfora e comparei o lume coa violencia de xénero porque os dous teñen que ser controlados e precisan que se lles poña un límite para evitar que consigan o seu propósito: "arrasar". Agardo que, ao igual que min, moita xente combata esta causa.

Disfrutádea!



mércores, 21 de outubro de 2015

Eu de maior quero ser...

Ola a todos!

Hoxe vos trouxen unha presentación sobre que quero ser de maior. Xa tiña claro que quería ser xuíz dende pequeno porque resúltame unha profesión interesante e admirable a aplicación correcta da xustiza.

Teño claro que quero selo pero agardo conseguilo. O único que me preocupa é á hora de facer a oposición, que é a parte máis difícil. Oxalá me saia ben e o día de mañá estea nos tribunais exercendo a miña profesión.
 
Na presentación explícovos un pouco que é, como é, os estudos para chegar ata ela, etc. Ata a carreira os estudos son máis ou menos fáciles; o verdadeiramente difícil é, como xa dixen, a oposición. Espero que eu máis vós consigades o voso sono.

Agardo que sexa do voso agrado e disfrutádeo!

domingo, 18 de outubro de 2015

Domótica

Ola de novo!

Desta vez traémosvos a miña compañeira Isabel Bravo Álvarez máis eu un traballo sobre a domótica e o posible futuro das nosas casas.

A verdade é que foi interesante realizalo. Agardamos que vos guste e disfrutádeo!

DOMÓTICA

-Que é?
A domótica é a ciencia que estuda a aplicación de sistemas informáticos e de comunicacións nos fogares. A súa finalidade é aumentar a seguridade, o confort e a capacidade de xestión enerxética da propia casa e, en consecuencia, gañar calidade de vida.


-Elementos compoñentes
Na domótica interveñen unha serie de elementos para a automatización dos nosos fogares:
 -Sensores: dispositivos que transmiten información a un ordenador central encargado de tomar as decisións (sensores de presión, ópticos ou acústicos).
 -Actuadores: dispositivos capaces de accionar sistemas electromagnéticos (interruptores, relés ou controladores máis complexos).
 -Sistemas de control: encargados de decidir en todo momento. Trátase dun ordenador programado cas respostas que teña en cada situación.

Vídeo sobre a domótica

-Vantaxes básicas dunha casa domótica?
Permítenos unha serie de vantaxes básicas tanto na seguridade como no confort; entre elas:
 -Elexir a través dun interruptor a iluminación máis adecuada para cada habitación.
 -Axustar individualmente a temperatura de cada espazo.
 -Programar os aparellos para que funcionen nas horas nas que a electricidade sexa máis barata.
 -Recoller toldos ou pechar portas e fiestras en función das condicións climatolóxicas.
 -Cortar automaticamente o suministro de auga ou gas cando se detecte unha fuga.
 -Avisar a tódolos teléfonos se se produce algunha incidencia.
 -Poñer en marcha aparellos, calefacción ou axustar a iluminación cunha chamada telefónica.
 -Avisar ao número de teléfono programado cando o sistema de vixilancia detecte algo inusual.

-Outras vantaxes
 -Vantaxes na programación:
  -Climatización: programación e zonificación cun termostato.
  -Caldeira: encendela ou apagala mediante un control de enchufe.
  -Control de toldos: recolléndoos en caso de vento ou despregándoos en caso de sol.
  -Control de persianas: subíndoas pola mañá e baixándoas pola noite.

 -Vantaxes no confort:
  -Apagado xeral de todas as luces.
  -Luces automáticas con sensor de movemento.
  -Regulación da iluminación segundo a luminosidade ambiente.
  -Automatización de tódolos sistemas, dotándoos de control eficiente e fácil manexo.
  -Integración do porteiro ao teléfono ou do videoporteiro ao televisor.
  -Control vía Internet.
  -Xestión multimedia e do ocio eléctronico.
  -Xeración de programas sinxelos para o usuario.

 -Vantaxes na seguridade:
  -Alarmas de intrusión: para detectar ou prever a presenza de persoas alleas.
  -Detectores voluméticos ou perimetrais.
  -Peche puntual e seguro de persianas.
  -Detectores de incendios, de gas, de escape de auga e de inundación e de monóxido de carbono.
  -Alerta médica.
  -Acceso a cámaras IP.

 -Vantaxes nas comunicacións:
  -Teleasistencia.
  -Telemantemento.
  -Informe de consumo e costes.
  -Transmisión de alarmas.
  -Intercomunicacións.
  -Telefonillos e videoporteiros.


-Tipos de arquitecturas domóticas
 -Arquitectura centralizada: un controlador centralizado recibe toda a información de todos os sensores e procesa as ordes para os actuadores.
 -Arquitectura distribuída: toda a intelixencia do sistema está repartida en cada un dos actuadores ou sensores.
 -Arquitectura mixta: pequenos dispositivos que controlan múltiples sensores e actuadores e transmiten a información ao resto de dispositivos.

-É práctico domatizar a nosa casa?
A verdade é que si é práctico domatizar a nosa casa xa que nos ofrece unha mellora sustancial en todos os sentidos. A pena é que de momento domatizar unha casa costa un 6000€ de media pero iso non quita que nun futuro, a medida que baixen os prezos e se demande máis, sexan a maioría das casas así.

Demostración sobre as aplicacións da domótica

BIBLIOGRAFÍA
-Vídeo demostración domótica.
-Domótica Wikipedia.
-Viabilidade da domótica.


martes, 13 de outubro de 2015

Comentario sobre as facturas

Ola a todos!

Desta vez tróuxenvos outro traballo de tecnoloxía. Trátase de facer un comentario sobre as facturas da casa (luz, auga, gas e máis teléfono) que veñen todos os meses. Pois púxenme mans á obra: saqueilles unhas fotos a unhas facturas e colgueinas para poder facer esta tarefa.
 
-FACTURA DA ELECTRICIDADE:

Nela aparecen:

-A potencia contratada. É un número que nos indica a potencia máxima que podemos utilizar segundo a tarifa que teñamos contratada coa nosa empresa. A cifra variará segundo o número de electrodomésticos que teñamos: a máis aparatos, máis potencia necesaria e máis pagamos na factura. Se sobrepasamos a potencia contratada saltan os fusibles ata que desenchufemos algo. Aínda non consumido nada, cóbrase igual. Débese axustar á potencia que usamos, se non, derrocharíase. Normalmente úsanse entre 3,3 kW e 5,5 kW. A nosa é de 3,3 kWh.

-A enerxía consumida. É a cantidade de kWh que consumimos no periodo sinalado. Réstase a lectura anterior ca actual e a cifra do periodo multiplícase polo valor do kWh nese momento xa que é variable. Na nosa factura consumimos 0,219 kWh.

-O IVE. Aplícaselle a todos os puntos da factura un valor do 21%. Neste caso engadirá 8,73€ sobre o valor inicial.

-O imposto de electricidade. É un imposto que recauda España para fomentar o uso de enerxías alternativas contrarrestando o non poder construír máis centrais nucleares. Engadiranse outros 1,98€ máis.

-O imposto sobre o alugamento de equipos. Imposto por ter simplemente un equipo que controle a túa consumición. Ten un custe de 0,81€.

-O periodo de facturación. É o tempo que pasa entre factura e factura enviada. Normalmente é de dous meses máis ou menos. A nosa é de un mes (abril-maio).

-A tarifa contratada. Existen moitos tipos de tarifas: TUR, 2.0DHA, 2.0DSH ou 2.0A. Nós contratamos a última. É unha tarifa conectada á rede de baixa tensión (pontencias inferiores ou iguais a 10 kW) e sen descriminación horaria.

-O historial de consumo. Amósase nunha gráfica de barras.

-O importe total. É a suma de ditas cifras. Na nosa ascende a 50,31€.


-FACTURA DE AUGA:

Nela aparecen:

-O consumo de auga. Reflicte o teu consumo no periodo e multiplícase polo valor do metro cúbico. É a diferenza entre a auga que entra (abastecemento) e a que sae (saneamento). Vese influenciada polo servizo e suministro de canal; por obter o servizo e por recibir o suministro de canal. Na nosa factura están divididas en puntos:
  -Suministro de auga: por recibir un suministro de auga. Aplícaselle un 10% de IVE (18,43€).
  -Depuración: para a depuración desa auga (7,56€).
  -Saneamento: para botar esa auga. Aplícaselle outro 10% (9,06€).
  -Mantemento do contador: polo seu correcto funcionamiento. Aplícaselle un 21% (0,50€).
  -Canon: especie de imposto. Non se lle aplica IVE (7,23€).
  -Residuos sólidos urbanos: para pagar os puntos limpos, as recollidas... (31,46€).

-O importe total. É a suma de ditas cifras. Na nosa ascende a 74,24€.


-FACTURA DE GAS:

-Nela aparecen:

-Consumo de gas. Cada fogar ten unha dependendo do volume de gas natural que consome.

-Factor de conversión do poder calorífico. Cifra que varía segundo a rexión e o periodo facturado e que se emplea para realizar o cobro por cada terminal.

-Na nosa factura consumimos 42 m3 e multiplícase polo factor, que é de 11,6030 kWh/m3, dando un consumo de 487 kWh; multiplícase polo valor do kWh e dános 30,85€; ao que se lle suma o coste fixo de 8,62€. En total 39,47€.

-Gas mini calefacción. Cóbrase por utilizar a calefacción. Neste caso, engádense 11,02€ máis.

-Alugamento de equipo gas. Para o seu mantemento. Custe de 2,54€.

-Imposto xeral. Imposto que se cobra sobre o gas. Valor de 1,14€.

-IVE. Aplícaselle a todos os apartados o IVE do 21% (11,38€).

-Importe total. É a suma de ditas cifras. Na nosa ascende a 65,55€.


-FACTURA DE TELÉFONO E COMUNICACIÓNS:

-Nela aparecen:

-Consumo. Dependendo do consumo do periodo facturado (chamadas feitas, chamadas recibidas, wifi, etc.). Neste caso 42,30€.

-IVE. Aplícaselle un 21% ao consumo. Engádense un 8,88€ neste caso.

-Importe total. É a suma de ditas cifras. Na nosa ascende a 51,18€.


OPINIÓN PERSOAL:

Na miña opinión creo que a nosa sociedade é moi consumista e que deberíamos facer un control das enerxías (xa que se esgotarán algún día), que fagamos un consumo responsable e sostenible e que sexamos menos dependentes delas xa que, grazas a iso, cada día aumentan máis o seu prezo.

BIBLIOGRAFÍA:
















Arquitectura bioclimática

Ola outra vez!

Hoxe a miña compañeira Isabel Bravo Álvarez máis eu trouxémosvos unha presentación de tecnoloxía sobre as vivendas bioclimáticas pero... que son? Son estruturas adaptadas ás condicións climáticas onde están construídas. A verdade é que é fascinante e agardamos que nun futuro sexan todas as casas así. Dentro de pouco outro sobre a domótica!

Disfrutádeo!

sábado, 10 de outubro de 2015

Aforro enerxético na vivenda

Ola a todos!

Hoxe vos traemos a miña compañeira Isabel Bravo Álvarez máis eu un novo traballo que nos mandou o profesor de tecnoloxía. É un tema que a toda a xente interésalle pero que non é doado de realizar: o aforro enerxético.

Deixarémosvos unha serie de trucos, consellos e accións que os axudarán a reducir o voso consumo e a aforrarvos cartos. Sabemos que é un gran sacrificio pero quen algo quere algo lle custa. Ao final seica merecerá a pena.

Puxemos consellos para aforrar luz, auga, gas e calefacción. Olládeo e a ver se ao final poñedes algo en práctica!

Disfrutádeo!

1) AFORRO DE ELECTRICIDADE:
-Merca modelos con etiquetado enerxétixo "A" e adecuados ás túas necesidades.
-Utiliza a lavadora e o lavalouzas cando estean completamente cheos. Pon os lavados ás temperaturas máis baixas e os programas adecuados.
-Merca as neveras máis pequenas posibles xa que consomen menos e supoñen entre un 10-15% do consumo eléctrico.
-Abre a nevera cando sexa necesario.
-Non sitúes a nevera en lugares quentes ou directamente diante do sol xa que tenderán a consomer máis.
-Deixa enfríar os alimentos antes de metelos na nevera e non os amorees.
-En vitrocerámicas de indución apaga cinco minutos antes de que remate a cocción e mantela sempre limpa.
-Adapta as dimensións dos quemadores á dos recipientes.
-Revisa o estado dos electrodomésticos para garantir o seu correcto funcionamento.
-Cando marches de viaxe apaga as rengletas dos interruptores e os "stand by".
-Cambia as túas bombillas por LED e intenta aproveitar a luz do sol.
-Utiliza máis o microondas ca o forno (consome un 50% menos de enerxía).

2) AFORRO DE AUGA:
-Opta por duchas curtas en vez de longos banos.
-Pecha a billa mentres te afeitas ou te lavas os dentes.
-Instala billas monomandos, limitadores de caudais, aireadores e outras medidas que te axudarán.
-Usa sistemas de doble carga.
-Repara fugas de auga o antes posibles e non o deixes pingar á billa.
-Non uses o inodoro coma se fose un cubo de lixo.
3) AFORRO DE GAS:
-Mantemento adecuado da caldeira e revisións periódicas.
-Usar potas a presión (aforran un 50% en suministro de gas natural).
-Evitar deixar a billa de auga quente antes de entrar na ducha.
-Se tes gasóleo C, cámbiate ao gas natural (moito máis limpo e eficiente).
-Compara ofertas no mercado.

4) AFORRO DE CALEFACCIÓN:
-Mantén unha temperatura constante. Os golpes de calor aumentan considerablemente o gasto.
-Baixa as persianas só pola noite; polo día almacenarase o calor. Pola noite báixaas e corre as cortinas para evitar a perda de calor.
-Instala un termostato (aforrarás entre un 8-13%).
-Regula a calefacción cos teus horarios.
-Pon alfombras no chan (axudarante a mantelo quente).
-Comproba que as túas xanelas e portas están ben illadas.
-Ventila a túa casa só arredor de dez minutos.
-Purga os teus radiadores unha vez ao ano.


Consellos para aforrar enerxía: a nevera


COMENTARIO PERSOAL:
Ao final conseguimos aforrar unha cantidade considerable de cartos (uns 700-800 euros por ano). Pouco a pouco, indo adoptando estas medidas (aínda que non os saia a mesma cifra), nótase que o aforro é posible e que pódese vivir igual. Grazas a elo podemos invertir eses cartos noutra cousa e, ao mellor, a cabo duns aniños poderemonos ir de cruceiro!
 
Agardamos que vos gustara. Xa vos traeremos máis traballos!

BIBLIOGRAFÍA





mércores, 23 de setembro de 2015

Presentación

Ola!
 
Chámome Eder Vázquez Fernández e son estudante de secundaria no I.E.S. Eduardo Blanco Amor. Douvos a benvida ó meu blogue "Vida Salvaxe". 

O blogue está feito para ir subindo nel as tarefas do curso de informática 2015/2016, que manterán certa relación co tema principal deste blogue. Elexín esta temática porque me gusta a vida salvaxe, a natureza dos animais e a súa sinxeleza; simplemente guíanse polo seu instinto. 

Aquí abaixo vos deixo uns enlances a uns blogues de compañeiros do ano pasado que me pareceron bos e servíronme de inspiración para guiarme e intentar saber como vai quedar este ao final do curso.
 
O blogue de Brais gústame pola súa expresión e por como se dirixe á xente cunha forma tan natural e familiar.
 
O blogue de Judith gústame pola súa profesionalidade, as expresións e a profundidade do seu tema principal.
 
O blogue de Raúl gústame pola súa sinxeleza. É fácil de ler e de encontrar as cousas. 

Agardo que vos guste o meu blogue e que un día, cando querades facer un, sírvavos de referencia.

Disfrutádeo e un saúdo!