domingo, 29 de maio de 2016

Liña do tempo

Ola de novo!

Hoxe volvín para presentarvos un traballo sobre uns cantos inventos da historia mediante unha liña do tempo.

Para elo utilicei o programa line.do, que é bastante doado e sinxelo de utilizar. Permíteche ir engandindo novos apartados onde, unha vez dento deles, dáslles un título e unha data e podes falar sobre eles, poñer ligazóns, imaxes, vídeos, etc. Mellor explícovos os pasos a seguir por se alguén tamén quere facer unha liña do tempo:
  1. Rexístraste coa túa conta de correo electrónico no programa que tiveras pensado. Eu, como xa dixen, utilicei line.do.
  2. Tras iniciar sesión, dáslle a "Crear nova liña do tempo".
  3. Despois da súa creación, asígnaslle un título, un subtítulo e un tema relacionado co contido da liña.
  4. Unha vez feito, para empezar a traballar nela, dáslle a "Engadir un novo momento" para crear un apartado e comezar a súa edición.
  5. Dentro del, asígnaslle unha data e un título ao igual que podes escribir un texto que o explique e acompañalo cunha imaxe ou un vídeo. Tamén ten a opción de inserir ligazóns.
  6. Vas engadindo os apartados que vexas oportunos e que ti queiras xa que a súa extensión depende dos teus propósitos e a liña do tempo que tiveras pensado facer.
  7. Unha vez a teñas finalizada, podes gardala e dáche a opción de publicala ou embebela. Se non a queres publicar aínda, xa que queres seguir traballando nela máis adiante, gárdase automaticamente.
  8. Por último, se quixeras embebela, daslle a "Embeber" e aparecerá un código HTML co cal podes inserila no teu blogue e, deste xeito, compartila publicamente.
Na miña opinión, a verdade é que foi unha tarefa bastante interactiva e didáctica coa cal entretinme moito. Para ser a primeira vez que empregaba o programa non se me deu tan mal de levar e gustoume o resultado.

O tema, como xa dixen, vai sobre grandes inventos da humanidade; dende os principios máis humildes na Prehistoria, coa invención da trascendental roda, ata os tempos de hoxe, coa aparición de internet. Coido que aprendades del o que eu aprendín facéndoo así como que sexa do voso agrado.

Non alongo máis a cousa, só unicamente dicirvos que vos deixarei a liña abaixo desta introdución. Seica que nin cómpre dicir que agardo que vos guste e a disfrutedes. Ata a próxima!

martes, 10 de maio de 2016

Traballo de investigación

Ola a todos!

Facía xa tempo que non escribía unha entrada mais digovos de seguro que non foi en valde porque hoxe traiovos un traballo de investigación do que estou bastante satisfeito. Non é mérito de recoñecelo porque non fixen nada que mereza dito recoñecemento mais sinxelamente queríalo compartir convosco.

Vai sobre o famoso dereito de imaxe que tanta polémica xera e a verdade é que foi un tema pesado mais seica valiu a mágoa e servirame ben no futuro. Realiceino nun procesador de texto normal, descargueino como PDF e despois o subín a Calaméo.

Cavilei de facelo máis longo mais agora fica como está e así podome dedicar a outras tarefas de menor extensión. Tampouco é que sexa curto: trata o que ten que tratar e disque que o que é bo e breve, dous veces bo. Deixareino abaixo da entrada para que os que queiran poidan ollalo.

Si, é certo que hai que asumir que non está feito coa profesionalidade tanto práctica e teórica que tería un avogado sobre o tema pero ti seguro que tampouco a tes así que non hai razóns pola que dar queixume (é unha brincadeira).

Agardo que vos guste e que o disfrutedes!