xoves, 22 de outubro de 2015

Tuit sobre a violencia de xénero

Ola de novo!

Hoxe subín unha mensaxe (feita por min) inserida nunha imaxe utilizando Pablo (un programa moi sinxelo e doado para inserir frases en imaxes) para conmemorar o 25-N (o día contra a violencia de xénero) e ás vítimas que foron maltratadas.

Pensei nesta metáfora e comparei o lume coa violencia de xénero porque os dous teñen que ser controlados e precisan que se lles poña un límite para evitar que consigan o seu propósito: "arrasar". Agardo que, ao igual que min, moita xente combata esta causa.

Disfrutádea!



mércores, 21 de outubro de 2015

Eu de maior quero ser...

Ola a todos!

Hoxe vos trouxen unha presentación sobre que quero ser de maior. Xa tiña claro que quería ser xuíz dende pequeno porque resúltame unha profesión interesante e admirable a aplicación correcta da xustiza.

Teño claro que quero selo pero agardo conseguilo. O único que me preocupa é á hora de facer a oposición, que é a parte máis difícil. Oxalá me saia ben e o día de mañá estea nos tribunais exercendo a miña profesión.
 
Na presentación explícovos un pouco que é, como é, os estudos para chegar ata ela, etc. Ata a carreira os estudos son máis ou menos fáciles; o verdadeiramente difícil é, como xa dixen, a oposición. Espero que eu máis vós consigades o voso sono.

Agardo que sexa do voso agrado e disfrutádeo!

domingo, 18 de outubro de 2015

Domótica

Ola de novo!

Desta vez traémosvos a miña compañeira Isabel Bravo Álvarez máis eu un traballo sobre a domótica e o posible futuro das nosas casas.

A verdade é que foi interesante realizalo. Agardamos que vos guste e disfrutádeo!

DOMÓTICA

-Que é?
A domótica é a ciencia que estuda a aplicación de sistemas informáticos e de comunicacións nos fogares. A súa finalidade é aumentar a seguridade, o confort e a capacidade de xestión enerxética da propia casa e, en consecuencia, gañar calidade de vida.


-Elementos compoñentes
Na domótica interveñen unha serie de elementos para a automatización dos nosos fogares:
 -Sensores: dispositivos que transmiten información a un ordenador central encargado de tomar as decisións (sensores de presión, ópticos ou acústicos).
 -Actuadores: dispositivos capaces de accionar sistemas electromagnéticos (interruptores, relés ou controladores máis complexos).
 -Sistemas de control: encargados de decidir en todo momento. Trátase dun ordenador programado cas respostas que teña en cada situación.

Vídeo sobre a domótica

-Vantaxes básicas dunha casa domótica?
Permítenos unha serie de vantaxes básicas tanto na seguridade como no confort; entre elas:
 -Elexir a través dun interruptor a iluminación máis adecuada para cada habitación.
 -Axustar individualmente a temperatura de cada espazo.
 -Programar os aparellos para que funcionen nas horas nas que a electricidade sexa máis barata.
 -Recoller toldos ou pechar portas e fiestras en función das condicións climatolóxicas.
 -Cortar automaticamente o suministro de auga ou gas cando se detecte unha fuga.
 -Avisar a tódolos teléfonos se se produce algunha incidencia.
 -Poñer en marcha aparellos, calefacción ou axustar a iluminación cunha chamada telefónica.
 -Avisar ao número de teléfono programado cando o sistema de vixilancia detecte algo inusual.

-Outras vantaxes
 -Vantaxes na programación:
  -Climatización: programación e zonificación cun termostato.
  -Caldeira: encendela ou apagala mediante un control de enchufe.
  -Control de toldos: recolléndoos en caso de vento ou despregándoos en caso de sol.
  -Control de persianas: subíndoas pola mañá e baixándoas pola noite.

 -Vantaxes no confort:
  -Apagado xeral de todas as luces.
  -Luces automáticas con sensor de movemento.
  -Regulación da iluminación segundo a luminosidade ambiente.
  -Automatización de tódolos sistemas, dotándoos de control eficiente e fácil manexo.
  -Integración do porteiro ao teléfono ou do videoporteiro ao televisor.
  -Control vía Internet.
  -Xestión multimedia e do ocio eléctronico.
  -Xeración de programas sinxelos para o usuario.

 -Vantaxes na seguridade:
  -Alarmas de intrusión: para detectar ou prever a presenza de persoas alleas.
  -Detectores voluméticos ou perimetrais.
  -Peche puntual e seguro de persianas.
  -Detectores de incendios, de gas, de escape de auga e de inundación e de monóxido de carbono.
  -Alerta médica.
  -Acceso a cámaras IP.

 -Vantaxes nas comunicacións:
  -Teleasistencia.
  -Telemantemento.
  -Informe de consumo e costes.
  -Transmisión de alarmas.
  -Intercomunicacións.
  -Telefonillos e videoporteiros.


-Tipos de arquitecturas domóticas
 -Arquitectura centralizada: un controlador centralizado recibe toda a información de todos os sensores e procesa as ordes para os actuadores.
 -Arquitectura distribuída: toda a intelixencia do sistema está repartida en cada un dos actuadores ou sensores.
 -Arquitectura mixta: pequenos dispositivos que controlan múltiples sensores e actuadores e transmiten a información ao resto de dispositivos.

-É práctico domatizar a nosa casa?
A verdade é que si é práctico domatizar a nosa casa xa que nos ofrece unha mellora sustancial en todos os sentidos. A pena é que de momento domatizar unha casa costa un 6000€ de media pero iso non quita que nun futuro, a medida que baixen os prezos e se demande máis, sexan a maioría das casas así.

Demostración sobre as aplicacións da domótica

BIBLIOGRAFÍA
-Vídeo demostración domótica.
-Domótica Wikipedia.
-Viabilidade da domótica.


martes, 13 de outubro de 2015

Comentario sobre as facturas

Ola a todos!

Desta vez tróuxenvos outro traballo de tecnoloxía. Trátase de facer un comentario sobre as facturas da casa (luz, auga, gas e máis teléfono) que veñen todos os meses. Pois púxenme mans á obra: saqueilles unhas fotos a unhas facturas e colgueinas para poder facer esta tarefa.
 
-FACTURA DA ELECTRICIDADE:

Nela aparecen:

-A potencia contratada. É un número que nos indica a potencia máxima que podemos utilizar segundo a tarifa que teñamos contratada coa nosa empresa. A cifra variará segundo o número de electrodomésticos que teñamos: a máis aparatos, máis potencia necesaria e máis pagamos na factura. Se sobrepasamos a potencia contratada saltan os fusibles ata que desenchufemos algo. Aínda non consumido nada, cóbrase igual. Débese axustar á potencia que usamos, se non, derrocharíase. Normalmente úsanse entre 3,3 kW e 5,5 kW. A nosa é de 3,3 kWh.

-A enerxía consumida. É a cantidade de kWh que consumimos no periodo sinalado. Réstase a lectura anterior ca actual e a cifra do periodo multiplícase polo valor do kWh nese momento xa que é variable. Na nosa factura consumimos 0,219 kWh.

-O IVE. Aplícaselle a todos os puntos da factura un valor do 21%. Neste caso engadirá 8,73€ sobre o valor inicial.

-O imposto de electricidade. É un imposto que recauda España para fomentar o uso de enerxías alternativas contrarrestando o non poder construír máis centrais nucleares. Engadiranse outros 1,98€ máis.

-O imposto sobre o alugamento de equipos. Imposto por ter simplemente un equipo que controle a túa consumición. Ten un custe de 0,81€.

-O periodo de facturación. É o tempo que pasa entre factura e factura enviada. Normalmente é de dous meses máis ou menos. A nosa é de un mes (abril-maio).

-A tarifa contratada. Existen moitos tipos de tarifas: TUR, 2.0DHA, 2.0DSH ou 2.0A. Nós contratamos a última. É unha tarifa conectada á rede de baixa tensión (pontencias inferiores ou iguais a 10 kW) e sen descriminación horaria.

-O historial de consumo. Amósase nunha gráfica de barras.

-O importe total. É a suma de ditas cifras. Na nosa ascende a 50,31€.


-FACTURA DE AUGA:

Nela aparecen:

-O consumo de auga. Reflicte o teu consumo no periodo e multiplícase polo valor do metro cúbico. É a diferenza entre a auga que entra (abastecemento) e a que sae (saneamento). Vese influenciada polo servizo e suministro de canal; por obter o servizo e por recibir o suministro de canal. Na nosa factura están divididas en puntos:
  -Suministro de auga: por recibir un suministro de auga. Aplícaselle un 10% de IVE (18,43€).
  -Depuración: para a depuración desa auga (7,56€).
  -Saneamento: para botar esa auga. Aplícaselle outro 10% (9,06€).
  -Mantemento do contador: polo seu correcto funcionamiento. Aplícaselle un 21% (0,50€).
  -Canon: especie de imposto. Non se lle aplica IVE (7,23€).
  -Residuos sólidos urbanos: para pagar os puntos limpos, as recollidas... (31,46€).

-O importe total. É a suma de ditas cifras. Na nosa ascende a 74,24€.


-FACTURA DE GAS:

-Nela aparecen:

-Consumo de gas. Cada fogar ten unha dependendo do volume de gas natural que consome.

-Factor de conversión do poder calorífico. Cifra que varía segundo a rexión e o periodo facturado e que se emplea para realizar o cobro por cada terminal.

-Na nosa factura consumimos 42 m3 e multiplícase polo factor, que é de 11,6030 kWh/m3, dando un consumo de 487 kWh; multiplícase polo valor do kWh e dános 30,85€; ao que se lle suma o coste fixo de 8,62€. En total 39,47€.

-Gas mini calefacción. Cóbrase por utilizar a calefacción. Neste caso, engádense 11,02€ máis.

-Alugamento de equipo gas. Para o seu mantemento. Custe de 2,54€.

-Imposto xeral. Imposto que se cobra sobre o gas. Valor de 1,14€.

-IVE. Aplícaselle a todos os apartados o IVE do 21% (11,38€).

-Importe total. É a suma de ditas cifras. Na nosa ascende a 65,55€.


-FACTURA DE TELÉFONO E COMUNICACIÓNS:

-Nela aparecen:

-Consumo. Dependendo do consumo do periodo facturado (chamadas feitas, chamadas recibidas, wifi, etc.). Neste caso 42,30€.

-IVE. Aplícaselle un 21% ao consumo. Engádense un 8,88€ neste caso.

-Importe total. É a suma de ditas cifras. Na nosa ascende a 51,18€.


OPINIÓN PERSOAL:

Na miña opinión creo que a nosa sociedade é moi consumista e que deberíamos facer un control das enerxías (xa que se esgotarán algún día), que fagamos un consumo responsable e sostenible e que sexamos menos dependentes delas xa que, grazas a iso, cada día aumentan máis o seu prezo.

BIBLIOGRAFÍA:
















Arquitectura bioclimática

Ola outra vez!

Hoxe a miña compañeira Isabel Bravo Álvarez máis eu trouxémosvos unha presentación de tecnoloxía sobre as vivendas bioclimáticas pero... que son? Son estruturas adaptadas ás condicións climáticas onde están construídas. A verdade é que é fascinante e agardamos que nun futuro sexan todas as casas así. Dentro de pouco outro sobre a domótica!

Disfrutádeo!

sábado, 10 de outubro de 2015

Aforro enerxético na vivenda

Ola a todos!

Hoxe vos traemos a miña compañeira Isabel Bravo Álvarez máis eu un novo traballo que nos mandou o profesor de tecnoloxía. É un tema que a toda a xente interésalle pero que non é doado de realizar: o aforro enerxético.

Deixarémosvos unha serie de trucos, consellos e accións que os axudarán a reducir o voso consumo e a aforrarvos cartos. Sabemos que é un gran sacrificio pero quen algo quere algo lle custa. Ao final seica merecerá a pena.

Puxemos consellos para aforrar luz, auga, gas e calefacción. Olládeo e a ver se ao final poñedes algo en práctica!

Disfrutádeo!

1) AFORRO DE ELECTRICIDADE:
-Merca modelos con etiquetado enerxétixo "A" e adecuados ás túas necesidades.
-Utiliza a lavadora e o lavalouzas cando estean completamente cheos. Pon os lavados ás temperaturas máis baixas e os programas adecuados.
-Merca as neveras máis pequenas posibles xa que consomen menos e supoñen entre un 10-15% do consumo eléctrico.
-Abre a nevera cando sexa necesario.
-Non sitúes a nevera en lugares quentes ou directamente diante do sol xa que tenderán a consomer máis.
-Deixa enfríar os alimentos antes de metelos na nevera e non os amorees.
-En vitrocerámicas de indución apaga cinco minutos antes de que remate a cocción e mantela sempre limpa.
-Adapta as dimensións dos quemadores á dos recipientes.
-Revisa o estado dos electrodomésticos para garantir o seu correcto funcionamento.
-Cando marches de viaxe apaga as rengletas dos interruptores e os "stand by".
-Cambia as túas bombillas por LED e intenta aproveitar a luz do sol.
-Utiliza máis o microondas ca o forno (consome un 50% menos de enerxía).

2) AFORRO DE AUGA:
-Opta por duchas curtas en vez de longos banos.
-Pecha a billa mentres te afeitas ou te lavas os dentes.
-Instala billas monomandos, limitadores de caudais, aireadores e outras medidas que te axudarán.
-Usa sistemas de doble carga.
-Repara fugas de auga o antes posibles e non o deixes pingar á billa.
-Non uses o inodoro coma se fose un cubo de lixo.
3) AFORRO DE GAS:
-Mantemento adecuado da caldeira e revisións periódicas.
-Usar potas a presión (aforran un 50% en suministro de gas natural).
-Evitar deixar a billa de auga quente antes de entrar na ducha.
-Se tes gasóleo C, cámbiate ao gas natural (moito máis limpo e eficiente).
-Compara ofertas no mercado.

4) AFORRO DE CALEFACCIÓN:
-Mantén unha temperatura constante. Os golpes de calor aumentan considerablemente o gasto.
-Baixa as persianas só pola noite; polo día almacenarase o calor. Pola noite báixaas e corre as cortinas para evitar a perda de calor.
-Instala un termostato (aforrarás entre un 8-13%).
-Regula a calefacción cos teus horarios.
-Pon alfombras no chan (axudarante a mantelo quente).
-Comproba que as túas xanelas e portas están ben illadas.
-Ventila a túa casa só arredor de dez minutos.
-Purga os teus radiadores unha vez ao ano.


Consellos para aforrar enerxía: a nevera


COMENTARIO PERSOAL:
Ao final conseguimos aforrar unha cantidade considerable de cartos (uns 700-800 euros por ano). Pouco a pouco, indo adoptando estas medidas (aínda que non os saia a mesma cifra), nótase que o aforro é posible e que pódese vivir igual. Grazas a elo podemos invertir eses cartos noutra cousa e, ao mellor, a cabo duns aniños poderemonos ir de cruceiro!
 
Agardamos que vos gustara. Xa vos traeremos máis traballos!

BIBLIOGRAFÍA