martes, 13 de outubro de 2015

Comentario sobre as facturas

Ola a todos!

Desta vez tróuxenvos outro traballo de tecnoloxía. Trátase de facer un comentario sobre as facturas da casa (luz, auga, gas e máis teléfono) que veñen todos os meses. Pois púxenme mans á obra: saqueilles unhas fotos a unhas facturas e colgueinas para poder facer esta tarefa.
 
-FACTURA DA ELECTRICIDADE:

Nela aparecen:

-A potencia contratada. É un número que nos indica a potencia máxima que podemos utilizar segundo a tarifa que teñamos contratada coa nosa empresa. A cifra variará segundo o número de electrodomésticos que teñamos: a máis aparatos, máis potencia necesaria e máis pagamos na factura. Se sobrepasamos a potencia contratada saltan os fusibles ata que desenchufemos algo. Aínda non consumido nada, cóbrase igual. Débese axustar á potencia que usamos, se non, derrocharíase. Normalmente úsanse entre 3,3 kW e 5,5 kW. A nosa é de 3,3 kWh.

-A enerxía consumida. É a cantidade de kWh que consumimos no periodo sinalado. Réstase a lectura anterior ca actual e a cifra do periodo multiplícase polo valor do kWh nese momento xa que é variable. Na nosa factura consumimos 0,219 kWh.

-O IVE. Aplícaselle a todos os puntos da factura un valor do 21%. Neste caso engadirá 8,73€ sobre o valor inicial.

-O imposto de electricidade. É un imposto que recauda España para fomentar o uso de enerxías alternativas contrarrestando o non poder construír máis centrais nucleares. Engadiranse outros 1,98€ máis.

-O imposto sobre o alugamento de equipos. Imposto por ter simplemente un equipo que controle a túa consumición. Ten un custe de 0,81€.

-O periodo de facturación. É o tempo que pasa entre factura e factura enviada. Normalmente é de dous meses máis ou menos. A nosa é de un mes (abril-maio).

-A tarifa contratada. Existen moitos tipos de tarifas: TUR, 2.0DHA, 2.0DSH ou 2.0A. Nós contratamos a última. É unha tarifa conectada á rede de baixa tensión (pontencias inferiores ou iguais a 10 kW) e sen descriminación horaria.

-O historial de consumo. Amósase nunha gráfica de barras.

-O importe total. É a suma de ditas cifras. Na nosa ascende a 50,31€.


-FACTURA DE AUGA:

Nela aparecen:

-O consumo de auga. Reflicte o teu consumo no periodo e multiplícase polo valor do metro cúbico. É a diferenza entre a auga que entra (abastecemento) e a que sae (saneamento). Vese influenciada polo servizo e suministro de canal; por obter o servizo e por recibir o suministro de canal. Na nosa factura están divididas en puntos:
  -Suministro de auga: por recibir un suministro de auga. Aplícaselle un 10% de IVE (18,43€).
  -Depuración: para a depuración desa auga (7,56€).
  -Saneamento: para botar esa auga. Aplícaselle outro 10% (9,06€).
  -Mantemento do contador: polo seu correcto funcionamiento. Aplícaselle un 21% (0,50€).
  -Canon: especie de imposto. Non se lle aplica IVE (7,23€).
  -Residuos sólidos urbanos: para pagar os puntos limpos, as recollidas... (31,46€).

-O importe total. É a suma de ditas cifras. Na nosa ascende a 74,24€.


-FACTURA DE GAS:

-Nela aparecen:

-Consumo de gas. Cada fogar ten unha dependendo do volume de gas natural que consome.

-Factor de conversión do poder calorífico. Cifra que varía segundo a rexión e o periodo facturado e que se emplea para realizar o cobro por cada terminal.

-Na nosa factura consumimos 42 m3 e multiplícase polo factor, que é de 11,6030 kWh/m3, dando un consumo de 487 kWh; multiplícase polo valor do kWh e dános 30,85€; ao que se lle suma o coste fixo de 8,62€. En total 39,47€.

-Gas mini calefacción. Cóbrase por utilizar a calefacción. Neste caso, engádense 11,02€ máis.

-Alugamento de equipo gas. Para o seu mantemento. Custe de 2,54€.

-Imposto xeral. Imposto que se cobra sobre o gas. Valor de 1,14€.

-IVE. Aplícaselle a todos os apartados o IVE do 21% (11,38€).

-Importe total. É a suma de ditas cifras. Na nosa ascende a 65,55€.


-FACTURA DE TELÉFONO E COMUNICACIÓNS:

-Nela aparecen:

-Consumo. Dependendo do consumo do periodo facturado (chamadas feitas, chamadas recibidas, wifi, etc.). Neste caso 42,30€.

-IVE. Aplícaselle un 21% ao consumo. Engádense un 8,88€ neste caso.

-Importe total. É a suma de ditas cifras. Na nosa ascende a 51,18€.


OPINIÓN PERSOAL:

Na miña opinión creo que a nosa sociedade é moi consumista e que deberíamos facer un control das enerxías (xa que se esgotarán algún día), que fagamos un consumo responsable e sostenible e que sexamos menos dependentes delas xa que, grazas a iso, cada día aumentan máis o seu prezo.

BIBLIOGRAFÍA:
















Ningún comentario:

Publicar un comentario