domingo, 18 de outubro de 2015

Domótica

Ola de novo!

Desta vez traémosvos a miña compañeira Isabel Bravo Álvarez máis eu un traballo sobre a domótica e o posible futuro das nosas casas.

A verdade é que foi interesante realizalo. Agardamos que vos guste e disfrutádeo!

DOMÓTICA

-Que é?
A domótica é a ciencia que estuda a aplicación de sistemas informáticos e de comunicacións nos fogares. A súa finalidade é aumentar a seguridade, o confort e a capacidade de xestión enerxética da propia casa e, en consecuencia, gañar calidade de vida.


-Elementos compoñentes
Na domótica interveñen unha serie de elementos para a automatización dos nosos fogares:
 -Sensores: dispositivos que transmiten información a un ordenador central encargado de tomar as decisións (sensores de presión, ópticos ou acústicos).
 -Actuadores: dispositivos capaces de accionar sistemas electromagnéticos (interruptores, relés ou controladores máis complexos).
 -Sistemas de control: encargados de decidir en todo momento. Trátase dun ordenador programado cas respostas que teña en cada situación.

Vídeo sobre a domótica

-Vantaxes básicas dunha casa domótica?
Permítenos unha serie de vantaxes básicas tanto na seguridade como no confort; entre elas:
 -Elexir a través dun interruptor a iluminación máis adecuada para cada habitación.
 -Axustar individualmente a temperatura de cada espazo.
 -Programar os aparellos para que funcionen nas horas nas que a electricidade sexa máis barata.
 -Recoller toldos ou pechar portas e fiestras en función das condicións climatolóxicas.
 -Cortar automaticamente o suministro de auga ou gas cando se detecte unha fuga.
 -Avisar a tódolos teléfonos se se produce algunha incidencia.
 -Poñer en marcha aparellos, calefacción ou axustar a iluminación cunha chamada telefónica.
 -Avisar ao número de teléfono programado cando o sistema de vixilancia detecte algo inusual.

-Outras vantaxes
 -Vantaxes na programación:
  -Climatización: programación e zonificación cun termostato.
  -Caldeira: encendela ou apagala mediante un control de enchufe.
  -Control de toldos: recolléndoos en caso de vento ou despregándoos en caso de sol.
  -Control de persianas: subíndoas pola mañá e baixándoas pola noite.

 -Vantaxes no confort:
  -Apagado xeral de todas as luces.
  -Luces automáticas con sensor de movemento.
  -Regulación da iluminación segundo a luminosidade ambiente.
  -Automatización de tódolos sistemas, dotándoos de control eficiente e fácil manexo.
  -Integración do porteiro ao teléfono ou do videoporteiro ao televisor.
  -Control vía Internet.
  -Xestión multimedia e do ocio eléctronico.
  -Xeración de programas sinxelos para o usuario.

 -Vantaxes na seguridade:
  -Alarmas de intrusión: para detectar ou prever a presenza de persoas alleas.
  -Detectores voluméticos ou perimetrais.
  -Peche puntual e seguro de persianas.
  -Detectores de incendios, de gas, de escape de auga e de inundación e de monóxido de carbono.
  -Alerta médica.
  -Acceso a cámaras IP.

 -Vantaxes nas comunicacións:
  -Teleasistencia.
  -Telemantemento.
  -Informe de consumo e costes.
  -Transmisión de alarmas.
  -Intercomunicacións.
  -Telefonillos e videoporteiros.


-Tipos de arquitecturas domóticas
 -Arquitectura centralizada: un controlador centralizado recibe toda a información de todos os sensores e procesa as ordes para os actuadores.
 -Arquitectura distribuída: toda a intelixencia do sistema está repartida en cada un dos actuadores ou sensores.
 -Arquitectura mixta: pequenos dispositivos que controlan múltiples sensores e actuadores e transmiten a información ao resto de dispositivos.

-É práctico domatizar a nosa casa?
A verdade é que si é práctico domatizar a nosa casa xa que nos ofrece unha mellora sustancial en todos os sentidos. A pena é que de momento domatizar unha casa costa un 6000€ de media pero iso non quita que nun futuro, a medida que baixen os prezos e se demande máis, sexan a maioría das casas así.

Demostración sobre as aplicacións da domótica

BIBLIOGRAFÍA
-Vídeo demostración domótica.
-Domótica Wikipedia.
-Viabilidade da domótica.


Ningún comentario:

Publicar un comentario