sábado, 27 de febreiro de 2016

Edición de son con Audacity

Ola de novo!

Desta vez tratábase de recrear un antiga conversa entre uns fareiros galegos e uns marines norteamericanos.

Para elo utiliciei un programa chamado Audacity, que permite facer as túas propias gravacións ou modificar e solapar outras coa túa. Os pasos que seguín foron estes:
  1.  Obtiven o texto nesta páxina, o cal posteriormente gravei coa gravadora do telefóno móbil.
  2.  Descarguei sons de fondo coma o vento, os lóstregos e a bociña do barco nun banco de sons con licencia creative commons chamado Findsounds.
  3.  Cando tiven tódolos audios, co Audacity abrín os ficheiros e modifiquei os decibelios de cada un para que a miña voz notárase máis clara ca o resto de elementos. 
  4.  Tras obter a gravación desexada, dinlle a exportar como WAV xa que non che deixa exportar directamente como formarto MP3. Para convertelo utilicei un programa online: Online-Convert
  5.  Unha vez convertido, o subín a SoundCloud baixo a licencia de CC-BY-SA.
  6.  Recubrín os requisitos que cómpren e o publiquei para máis tarde poder embebelo no meu blogue.
Aquí vos deixo o meu audio embebido:

Para min foi unha das tarefas máis interesantes. Paréceme útil saber como manexar sons para manipularlos nunha gravación. A verdade é que o resultado cambia moito dependendo dos efectos que lle deas.

En fin, agardo que vos guste e disfrutádeo!

venres, 19 de febreiro de 2016

Imaxe interactiva

Ola a todos!

Desta vez tiven que facer unha imaxe interactiva para asignatura de informática.

O programa que utilicei foi ThingLink, que é moi sinxelo de utilizar. Rexístraste nel e dáche a opción de subir unha imaxe ou elixir unha das que hai predeterminadas. No meu caso subín unha foto duns parrulos chamados "éideres". Cando tes a foto vas poñendo puntiños que poden levar inseridos un texto, unha ligazón, vídeos ou imaxes.

Dende logo, de todas as tarefas que tiven que facer, foi a que máis práctica me pareceu e a que menos tempo levoume. A verdade é que é moi útil e sorprendente poder ter moita información nunha soa imaxe. Deixareivos a miña debaixo a ver que vos parece.

Agardo que vos guste e disfrutádeo!

mércores, 17 de febreiro de 2016

Infografía

Ola de novo!

Esta nova tarefa baseábase no deseño e creación dunha infografía. A miña ten de tema principal os reinos do seres vivos, especialmente, o reino animal. Dentro del, subdividino en vertebrados e invertebrados cos seus correspondentes apartados.

O programa que empreguei foi Visme, que é bastante doado e sinxelo de utilizar. Grosso modo os pasos que seguín foron estes:
  1. Rexistreime no programa para facer uso dos seus servizos.
  2. Crin un novo documento en infografías e elexín unha plantilla predeterminada.
  3. Quiteille todos os ornamentos e púxenlle un novo fondo.
  4. Elexín un tema principal e pensei un boceto.
  5. Deseñeino empregando os recursos dados por Visme.
  6. Subín unhas poucas imaxes para rematalo.
  7. Engadinlle a licencia, o meu nome e a dirección do blogue.
  8. Publiqueina e embebinna.
Despois diso obtiven a infografía que vos vou deixar abaixo. Se non se ve moi ben, déixovos un ligazón xunto á imaxe. Para min foi unha das tarefas máis útiles das que fixen ata agora.

Agardo que vos guste e disfrutádeo!


venres, 5 de febreiro de 2016

Informe das prácticas co relé

Ola outra vez!

Hoxe vos presento un informe que fixemos Isabel Bravo Álvarez máis eu sobre unhas prácticas co relé na asignatura de tecnoloxía.

martes, 2 de febreiro de 2016

As cinco diferenzas

Ola de novo!

Esta nova tarefa baseabase en crear o típico pasatempos das cinco diferenzas.

Escollín unha imaxe Creative Commons de internet e fixen cinco modificacións respecto a foto orixinal co GIMP.

Deixaréivos abaixo a colaxe dos parrulos mandaríns para que, os que queiran, poidan buscalas. Quen se renda pode mirar as solucións no ligazón de abaixo de todo.

Para min foi unha das tarefas máis orixinais de todas e entretinme facéndoa.

Agardo que vos guste e disfrutádea!


Preme aquí para ver as solucións (non premas sen intentalo antes).


Licencia das imaxes modificadas: