Ola de novo!
Esta nova tarefa baseábase no deseño e creación dunha infografía. A miña ten de tema principal os reinos do seres vivos, especialmente, o reino animal. Dentro del, subdividino en vertebrados e invertebrados cos seus correspondentes apartados.
O programa que empreguei foi Visme, que é bastante doado e sinxelo de utilizar. Grosso modo os pasos que seguín foron estes:
- Rexistreime no programa para facer uso dos seus servizos.
- Crin un novo documento en infografías e elexín unha plantilla predeterminada.
- Quiteille todos os ornamentos e púxenlle un novo fondo.
- Elexín un tema principal e pensei un boceto.
- Deseñeino empregando os recursos dados por Visme.
- Subín unhas poucas imaxes para rematalo.
- Engadinlle a licencia, o meu nome e a dirección do blogue.
- Publiqueina e embebinna.
Despois diso obtiven a infografía que vos vou deixar abaixo. Se non se ve moi ben, déixovos un ligazón xunto á imaxe. Para min foi unha das tarefas máis útiles das que fixen ata agora.
Agardo que vos guste e disfrutádeo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario