sábado, 27 de febreiro de 2016

Edición de son con Audacity

Ola de novo!

Desta vez tratábase de recrear un antiga conversa entre uns fareiros galegos e uns marines norteamericanos.

Para elo utiliciei un programa chamado Audacity, que permite facer as túas propias gravacións ou modificar e solapar outras coa túa. Os pasos que seguín foron estes:
  1.  Obtiven o texto nesta páxina, o cal posteriormente gravei coa gravadora do telefóno móbil.
  2.  Descarguei sons de fondo coma o vento, os lóstregos e a bociña do barco nun banco de sons con licencia creative commons chamado Findsounds.
  3.  Cando tiven tódolos audios, co Audacity abrín os ficheiros e modifiquei os decibelios de cada un para que a miña voz notárase máis clara ca o resto de elementos. 
  4.  Tras obter a gravación desexada, dinlle a exportar como WAV xa que non che deixa exportar directamente como formarto MP3. Para convertelo utilicei un programa online: Online-Convert
  5.  Unha vez convertido, o subín a SoundCloud baixo a licencia de CC-BY-SA.
  6.  Recubrín os requisitos que cómpren e o publiquei para máis tarde poder embebelo no meu blogue.
Aquí vos deixo o meu audio embebido:

Para min foi unha das tarefas máis interesantes. Paréceme útil saber como manexar sons para manipularlos nunha gravación. A verdade é que o resultado cambia moito dependendo dos efectos que lle deas.

En fin, agardo que vos guste e disfrutádeo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario