Ola a todos!
Desta vez tiven que facer unha imaxe interactiva para asignatura de informática.
Desta vez tiven que facer unha imaxe interactiva para asignatura de informática.
O programa que utilicei foi ThingLink, que é moi sinxelo de utilizar. Rexístraste nel e dáche a opción de subir unha imaxe ou elixir unha das que hai predeterminadas. No meu caso subín unha foto duns parrulos chamados "éideres". Cando tes a foto vas poñendo puntiños que poden levar inseridos un texto, unha ligazón, vídeos ou imaxes.
Dende logo, de todas as tarefas que tiven que facer, foi a que máis práctica me pareceu e a que menos tempo levoume. A verdade é que é moi útil e sorprendente poder ter moita información nunha soa imaxe. Deixareivos a miña debaixo a ver que vos parece.
Agardo que vos guste e disfrutádeo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario