Ola a todos!
Desta vez tiven que facer unha fotomontaxe, é dicir, recortar un anaco dunha imaxe e introducilo noutra que actúe como fondo.
Nesta tarefa tamén utilicei o GIMP e seguín os pasos deste titorial. Resumindo, o que había que facer era recortar ao home coas cabras e introducilo na foto do bosque para posteriormente facer un collage. O único problema que atopei é que á hora de recortar e pegalo na outra imaxe o home sae desproporcionado e hai que enpequenecelo, equilibralo e situalo onde queiras.
A verdade é que foi unha tarefa moi pesada e levoume moito tempo. Espero que ao resto resultáralles máis amea e levadeira.
Agardo que vos guste e ata a próxima!
Licencia das imaxes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario